Como moitos de vós xa saberedes, hai dous anos que colaboro durante o verán na misión que as irmás salesianas teñen en CHIÚRE, un pobo no norte do país.
O verán é moi curto e son tantas as necesidades que xorden e os proxectos que se me ocorren para desenvolver, que decidín pasar alí algo máis tempo.
Un mes e medio pasa moi rápido, seguro que tamén un ano. Mentres tanto, irei mandando noticias para achegarvos aquela realidade e asomareime a este blog que creamos con tanto agarimo para, eu tamén, sentirvos máis pretiño.
Como xa vos digo, son moitas as necesidades, así que toda axuda a través de material ou de donativos é benvida. A asociación da que formo parte chámase MADRESELVA e poderedes atopar mais información na súa web: www.madreselvaongd.net/
Aconséllovos que, na zona de "descargas" botedes unha ollada á memoria de 2009 para que vexades canto ben se fai coas achegas.
Déixovos tamén a ligazón a algúns vídeos tomados nos veráns anteriores. Espero que os gocedes.
http://www.youtube.com/watch?v=XsTTkp-QKo4
http://www.youtube.com/watch?v=ZltK_CbEZp4&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=KdOZth6xq2A&feature=related
Un abrazo moi grande para todos e até pronto!
MIRIAM























