Este curso os alumnos de 3º de Infantil tivemos a posibilidade de visitar a fábrica de Patatotas (Castro de Rei). Resultou unha saída moi interesante, pois poidemos ver todo o proceso de elaboración de algo que nos gusta moito, e sempre vemos xa en bolsas: as patacas fritas.
Ademais de aprender tivemos tempo para o lecer, alí xogamos co paracaídas, a coller espigas de millo...e tamén participamos nun obradoiro de maquillaxe e de pelotas de malabares. Todo resultou marabilloso!
Por iso, no queríamos deixar pasar a oportunidade que nos da este blogue para, dende aquí, dar as grazas á familia de Sabela por facer isto posible. Foi unha saída moi especial!!! Moitas grazas!!!!






















